lunes, 22 de octubre de 2012

O MUNDO DA DOCUMENTACIÓN INFORMATIVA



RESUMO:

O desenvolvemento dos servicios de documentación comezou en Estados Unidos. O primeiro rotativo cun servicio de documentación foi  o  alemán Neue Zurcher Zeitung e os rotativos ingleses “Times” e “Daily Mail”.

O estalido da Primeira Guerra Mundial e a Conferencia de Versalles implicaron un acercamento ao periodismo interpretativo. Nos anos 30 nos periódicos norteamericanos iniciouse un proceso de centralización dos servicios de documentación e a  función da documentación era “servir como memoria infalible e como fonte de información aos redactores”.

A segunda Guerra Mundial provocou unha maior necesidade de desenvolvemento tecnolóxico e funcional dos servicios de documentación, sobre todo en Norteamérica. En 1933, R.W.Desmond publicou “Newspaper Referece Methods”, a primeira síntese da historia dos servicios de documentación periodística.
En 1950, a pérdida de documentos e as clasificacións erróneas provocaron un replantexamento da necesidade de reorganizar os servicios de documentación e era unha necesidade incorporar a mecanización á cadena documental.

En torno ao ano 1964 publicouse “News information: the organization of press cuttings in the libraries of newspaper and broadcasting services”, o primeiro libro de documentación periodística en Europa. Xa en  1970, todos os periódicos cunha tirada superior a 100.000 exemplares contaban cun servicio de documentación.

Nun tempo máis próximo aos nosos días, nos anos 80, a tendencia ao desenvolvemento dos servicios de documentación periodística é lenta, pero o documentalista comeza a adquirir importancia nos periódicos.
Xa na  actualidade, a inicios de século, os estudios sobre archivos de prensa deron os seus primeiros pasos, e de destacou por riba de todo a importancia da documentación como fonte para describir a evolución histórica do periodismo. En conclusión, o traballo documental aparece integrado na estructura de producción, que hoxe  lle da una rentabilidade científica, social e económica . A  formación dos  profesionais ten  que ser permanente,  deben coñecer as maiores e mellores fontes posibles.

PALABRAS CLAVE:

Documentación electrónica: utiliza o sistema binario para transmitir datos (bits). Se capta mediante unha pantalla, un magnetoscopio…e o acceso pode ser on-line ou off-line.           

Documentación contextual: aquela información do tema que se investiga (qué ocorreu e qué consecuencias ten o feito).

Documentación específica: é a principal, probas escritas que serven para respaldar a denuncia. Se deben poseer documentos que verifiquen a información.

  Documentar: informar a alguén acerca das noticias e probas que atañen a un asunto.

   Redundancia cíclica: fenómeno que se produce debido a que os acontecementos teñen unha frecuencia diaria, outro semanal, outros mensual..e isto os fai previsibles para a documentación.

   Fragmentación da mensaxe: os mensaxes informativos se transmiten fragmentados polo  ritmo de captación dos acontecementos, que é  diferente ao da  publicación e edición dos medios.

   Latencia: calquera feito pechado que pode reabrirse e devolver o protagonismo a feitos e personaxes, independentemente da súa antiguedade.

   Documentos compostos: Textos con fotografías e gráficos que  plantexan dificultades de organización documental y de deseño das ferramentas de recuperación documental.

   Periodismo de investigación: á dificultade acceso as fontes de información se lle engade a necesidade de reunir unha gran cantidade de información contextual, que permita coñecer os antecedentes dos feitos, os seus límites legais e políticos…

    Tesauro de descriptores: unha lista estructurada de enunciados de conceptos que pretenden representar de forma única o contido dos documentos.

   Descriptores: términos homologados por un tesauro, que se usan para presentar o contido dos documentos sen que exista ambiguedade.


INTRODUCCIÓN:

Hoxe en día, o concepto de documentación informativa é moito máis coñecido que no pasado, e está relacionado estreitamente co mundo do Periodismo e da Comunicación. Actualmente, en moitas facultades de Ciencias da Comunicación de España e do resto do mundo, a documentación informativa é unha asignatura propiamente dita, na que os estudantes aprenden a indagar sobre diferentes temas, buscar fontes, contrastar datos, facer investigacións…

A documentación sitúa o feito en si. Toda noticia require unha investigación e sempre existe moi pouco tempo para poder realizala. Neste ámbito están presentes tamén:
A veracidade informativa: a verificación da noticia, dos datos, dos feitos, das opinións…
A intención do destinatario:  a comprensión da información por parte do receptor da noticia.

Na actualidade, nos centros de documentación existe diversidade de información en distintos soportes. O documentalista xestiona a información, a difunde e a rentabiliza. Os documentalista son moi solicitados pola televisión ata o punto de que algún deles están adscritos a programas ou canais.

CONCEPTO:

Existen diversas definicións de documentación informativa, segundo os diferentes autores, académicos e outros especialistas da materia. Algunhas definicións desta disciplina son as seguintes:

Documentación informativa: aquela parte da documentación que ten por obxecto de estudo o proceso de transmisión das fontes para lograr a  obtención de novos coñecementos na investigación periodística, no ámbito da  comunicación social dentro do  traballo e tamén diferentes empresas.

Outras definicións sobre esta materia son:  “Proceso de comunicación polo que o individuo (persona ou colectividade) recibe as referencias duns obxectos (os documentos) debidamente tratados, expresa o presuntamente demandado, e todo relativo a un determinado dominio da actividade social que o individuo desempeña, que fan ao proceso  competente para o exercicio desa actividade”. Outra sería “Emprego das técnicas documentais para o  tratamento permanente e sistemático de documentos, para a información especializada dos usuarios”.

A Documentación debe ofrecer informacións documentadas que sexan unversais en canto ao obxecto, seguras e verdaderas, completas, rápidas, actuáis, fáciles de obtener, postas a disposición do maior número de usuarios…
O movemento da documentación se institucionaliza pola acción de dous abogados belgas, Paul Otlet (en 1934 publicou  “Tratado de Documentación”, o primer manual da materia) e  Henri La Fontaine. Otlet destacou como ilustre bibliógrafo e tiña interese pola síntese e clasificación, a vocación de organizador de coñecementos e defendía unha organización lógica e racional da información.

En 1891 conoce en Bélxica a Henri La Fontaine, naquela época encargado da Sección bibliográfica da Sociedade de Estudios Sociais e Políticos. En 1893, fundan xuntos o Instituto Internacional de Bibliografía Sociológica, e Otlet propuxo que se creara un rexistro dos feitos e ideas sociolóxicos mediante as seguintes medidas: a clasificación científica das fontes sociolóxicas e a publicación do catálogo das mesmas, o resumo das fontes para coñecer o seu contido, a renovación constante das fichas ao mesmo tempo que avanzaban os acontecementos e a colaboración internacional.

Anos máis tarde, en 1894, ambos toman contacto con Melvil Dewey, a través do cal toman contacto co  sistema de clasificación decimal inventado por el. A Clasificación Decimal Universal divide o saber humano en 10 grandes grupos de acordo co sistema decimal numérico. Se subdivide según o principio de división xerárquica dos conceptos.



PRINCIPIOS:

Principio verificativo: causa orixinaria da actividade documental periodística, pola cal esta se orienta hacia a obtención da verdade informática, mediante a comprobación da veracidade dos textos e referencias que se valoran.

Principio explicativo: causa final da actividade documental periodística, pola cal se orienta hacia o entendemento da verdade informtiva mediante a valoración da comunicabilidade e  diferentes aclaracións presentes en textos e referencias.

Principio editorial: causa adicional da actividade documental periodística, debido a cal ésta se orienta a dar unha explicación da verdade informativa desde o análise, marcado todo o proceso polo principio editorial de cada xornal.

Principio de perdurabilidade: razón formal da actividade documental periodística que tende a fixar a utilización futura e o grado de permanencia dos textos e referencias na elaboración e información periodística.

Principio de adecuación funcional: principio que está orientado ao tratamento específico de cada tarea de acordo coa súa natureza e a función que realice, é dicir, adecuar a información as nosas fontes e ao medio no que traballamos.

Principio limitativo: conxunto de circunstancias reales da actividade documental periodística que limitan o seu  exercicio y a utilización de medios. Todo isto está relacionado coa localización ( existen diferencias entre un xornal local e un xornal nacional).


CARACTERÍSTICAS DA INFORMACIÓN DE ACTUALIDADE:

A información de actualidade é un entramado complexo de causas e efectos constituído polo conxunto das actividades políticas, económicas, sociais e culturais do home. As noticias teñen antecedentes e consecuencias, están relacionadas entre sí e derivan unhas de outras.

A función dos medios de comunicación é esencial, porque ofrecen ao lector información debidamente documentada, é dicir, unha información investigada, explicada, precisa e obxectiva. Á súa vez, a información de actualidade ten carácter enciclopédico, porque trata unha gran diversidade de temas, e é unha información universal, debido a súa forma de difusión e ao seu orixe e fontes.

Neste tipo de información está presente a redundancia ( a repetición de contidos en distintos medios) e a obsolescencia da información plantexará conflictos de conservación e almacenamento dos datos. O carácter enciclopédico da información de actualidade obriga a establecer linguaxes documentales enciclopédicos, e o linguaxe periodístico e as súas modas producirán problemas no linguaxe documental.

As principais características da información de actualidade desde o ámbito do traballo documental son, por exemplo:

A coincidencia episódica: as mesmas noticias son ofrecidas por todos os medios diarios nas mesmas fechas e posteriores, así como nas revistas xerais nas súas fechas de publicación e nos espacios informativos nos diarios dos medios audiovisuais. A causa de todo isto é a dependencia dos medios das axencias, e sobre todo, dos productores dos feitos que se constitúen en noticia e en unha interpretación coincidente das expectativas da audiencia.

Redundancia cíclica: a actividade periodística se centra na cobertura dos feitos contemporáneos. Determinados acontecementos teñen unha frecuencia diaria, outros semanal, outros mensual, outros trimestral ou anual.

O efecto Mateo tamén está presente neste tipo de información. Este feito consiste en que uns poucos personaxes polarizan o interese dos medios e aparecen nomeados en moitas noticias, mentres que moitísimos personaxes aparecen citados polos medios en poucas ocasións. Con todo isto se consegue un desequilibrio para o tratamento da información relativa as persoas. Esta información ofrece multiplicidade de soportes  (teletipos, noticias impresas, comunicados de prensa, grabacións  radiofónicas, materiais visuais e audiovisuais).

En canto aos mensaxes informativos, se transmiten fragmentados polo ritmo de captación dos acontecementos, diferente ao da publicación ou edición dos medios. A estructura máis utilizada ten forma de tríptico: previo (anuncio, antecedentes)-noticia-reaccións (valoración, matización, contexto…), estructura que pode seguir xenerando novas noticias. Os documentos compostos tamén están presentes, e están presentes neles  textos con fotografías e gráficos, que plantexan dificultades de organización documental e de deseño das ferramentas de recuperación documental.

 A Lei do mínimo esforzo é un básico neste tipo de información, porque a premura do tempo coa que se adoita traballar va en detrimento de respostas e tratamentos da información elaborados.
Por último, nos documentos periodísticos existe relatividade de significado, porque cambian o seu significado en distintos contextos e admiten interpretacións diversas por parte do usuarios, o que os fai polivalentes ( con diversos usos).


FUNCIÓNS:

As funcións esenciais da documentación periodística na creación da noticia son as seguintes:

1. Función verificativa y comprobatoria: se trata de que o documentalista poida verificar a información antes da súa difusión como noticia de actualidade,  pois  moitas veces o periodista conta con varias fontes de información. Se trata tamén de que o periodista poida verificar a  exactitude de datos e feitos para evitar errores á hora de difundir a información.

2. Función  preparatoria: se refire á necesidade do xornalista de coñecer con maior profundidade os temas ou persoas sobre as que vai a escribir.

3. Función de complementariedade:  a complementariedade indica que, a miúdo, as produccións periodísticas, pero tamén outros xéneros periodísticos como as entrevistas, requiren ser completados con información retrospectiva para poderse publicar dentro dunhas exixencias mínimas de calidade.

4. Función explicativa: se trata de ofrecer ao periodista os datos necesarios para explicar causas e consecuencias, relacións de tempo e espacio entre temas. É dIcir, se trata de facer comprensibles os antecedentes que explican  un feito informativo.

5. Función de creatividade ou inspiración: se trata de que o centro de documentación poida actuar como fonte de inspiración xa sexa para novas ideas o en novos enfoques sobre temas xa coñecidos, que se axustan ás peticións concretas dos usuarios principais de estos servizos, que son  os periodistas.

6. Función de rentabilidade: a primera dimensión da función de rentabilidade é a máis obvia: permite reutilizar os materiais informativos creados polo medio.

7. Función editorial ou ideolóxica: se trata de proporcionar aos redactores feitos, datos u opinións que reforzen a línea editorial do medio, as ideas ou posición  que pretenden reflexar nos  artículos.


FINALIDADE:

A documentación informativa ten diferentes finalidades, que son as seguintes:

A produción da información ( hoxe en día a maioría dos individuos utilizan a documentación para xerar información nova), mellora da calidade e credibilidade da información ( un proxecto ben documentado será fiable, disporá de credibilidade por parte do lector, calquer error acabará coa confianza do lector nos datos),   o almacenamento e a conservación ( todo o que esté almacenado e en orde se pode volver a atopar, dependendo do formato haberá que realizar uns coidados ou outros á hora de conservar os documentos ou a información. Haberá que almacenar calquer documento no soporte adecuado e deberá atoparse nun lugar onde sexa sencillo localizalo), a difusión e reutilización ( calquer información ben documentada se poderá volver a utilizar nun futuro por calquera persoa).



CENTRO DE DOCUMENTACIÓN NUN MEDIO, FUNCIÓNS CARACTERÍSTICAS E FINS:

Un centro de documentación é a unidade de información que reúne, xestiona, difunde…a documentación dun área de coñecemento determinado ou a producida por un organismo ou institución a que está circunscrita. Ten características similares coa biblioteca especializada, e destaca por profundizar algunas das súas funcións, en especial a análise documental de contenido, utilizando as novas tecnoloxías informativas. O centro está adscrito a un organismo e a súa misión principal é servir de referencia e axuda aos profesionais e investigadores.

Os principais obxectivos dun centro de documentación son: contribuír á consecución dos obxectivos do medio, asegurar a memoria dos acontecementos e servir de apoio aos profesionais.
En canto as función,as súas funcións propiamente ditas son a xestión de fondos, o proporcionamento de fontes, servir de “fonte de inspiración” (para crear ideas, proxectos de maneira rápida) e anticiparse ás necesidades dos profesionais.

Para cumplir as súas funcións se estructura en diversas unidades:

Unidade de fondos documentais: se estudan os fondos existentes, se elaboran catálogos e publicacións do centro.

Unidade de análise documental: se efectúan tareas de clasificación, catalogación, indización e resumos entre otras tareas.

Unidade de tratamento informático: se ingresan datos no sistema informático para a súa posterior recuperación.

Unidade de recuperación e difusión: se realizan búsquedas retrospectivas e difusión selectiva da información.

Unidades auxiliares: se elaboran reprografías, traduccións, etc.

Unidade de xestión informática: se actualizan e manteñen aquelas áreas que se atopan automatizadas dentro do centro.

Ao mesmo tempo, existen distintos tipos de Centros de documentación como son:

Centros de Documentación Especializados: proporcionan servizos de calidade e documentos específicos, os seus  usuarios son técnicos y científicos.

Centros de Documentación Nacionais: en xeral dependen de organismos estatais, recollen e coordinan información xerada nun país.

Centros de Documentación Internacionais:  son centros documentais que realizan tareas en áreas específicas e intentan unificar a información xerada nesa área a nivel rexional ou internacional.

Servicios de documentación: dependen de organismos públicos ou privados e traballan principalmente para eles.

En conclusión, os centros de documentación son esenciais para administrar topo tipo de información do entorno periodístico e tamén no referente aos datos indagados a través de investigación, para elaborar reportaxes por exemplo.

RELACIÓN ENTRE XORNALISTAS E DOCUMENTALISTAS:

Un periodista é a persoa que se dedica profesionalmente ao periodismo, xa sexa en prensa escrita, radio, televisión ou medios dixitais. A súa misión consiste en investigar sobre os diferentes temas que sexan de interese público, e deben contrastar as fontes que utilizan para nutrirse desta información, e deben sintetizar e xerarquizar os contidos. Despois de realizar toda sestas tarefas, o xornalista elabora artículos, que poden tomar varias formas: oral , escrita e visual.

 Os principais principios dos xornalistas son: o respeto pola verdade, o rigor na busca de información verificable e conseguir información relevante, breve e exacta no menor tempo posible, para que a cidadanía estea informada de maneira constante e ininterrumpida.
Os periodistas poden ser de moi diversos tipos dependendo da disciplina na que traballen, por exemplo, existen periodistas  ambientais ( encaragados de temas relacionados co home e e o entorno natural),científicos, culturais, económicos, deportivos, ciberperiodistas ( chamados así porque traballan principalmente coas novas tecnoloxías da información que foron xurdindo nos últimos anos).

Os documentalistas son profesionais que están preparados para xestionar a información dentro das organizacións. Para levar a cabo esta labor, teñen que ter un dominio correcto dos distintios tipos de documentos que se atopan nos diferentes soportes (dixital ou papel) e teñen que ter control dos formatos. Unha pecualiaridade sobre est tipo de xornalista, é que a súa formación é indisciplinar, polo tanto, os documentalistas mostran unha gran adaptación ante as novas situación e necesidades das organizacións.
As súas función son diversas, e as principais son: evaluación e análise da cadea documental, a recuperación de información, a edición de productos documentais e a correcta xestión de informes, estadísticas…

A relación existente entre os dous tipos de profesionais anteriores, presenta un panorama con luces e sombras, debido á competitividade por exemplo en redaccións, en medios televisivos…a relación entre os dous tipos de profesionais facilita a versatilidade e o acceso  á distribución da información, crean  determinadas vantaxes na incoporación de material de arquivo…pero, sobre todo, o documentalista pode chegar a considerarse coma un coproductor de información, pola súa labor de organización,  arquivo e apoio ao periodista.

En todo este ámbito, existen aspectos que provocan conflictos ou enfrontamentos. Por exemplo, destaca a problemática dos centros de documentación, nos que se produce un problema de percepción entre os redactores. Outro conflicto é a visión arcaica que se comeza a formar na sociedade sobre se  os documentalistas son realmente necesarios, se xa existen internet e as bases de datos.
Os documentalistas colaboran cos periodistas en moitas ocasións, pero neste traballo conxunto, o seu traballo está limitado e a súa capacidade creativa diminúe.


CIBERXORNALISMO E DOCUMENTACIÓN INFORMATIVA:

O xornalismo coa entrada en escea de Internet, se ve transformado completamente e cambian moitos dos procesos que se levaban a cabo tradicionalmente na recollida e elaboración da información, xa que se introduciron novas ferramentas.

A aparición de novas tecnoloxías tivo unas vantaxes, como a inmediatez ( se pode recabar información en tempo real), existe un caudal amplo de información, rapidez nos enlaces, baixo custo, posibilidade de interactuar con ususarios de todas partes do mundo e liberdade de expresión (existen infinidade de foros).
Á súa vez, tamén existen unas certas desvantaxes como a difícil selección dos datos (debido a que o caudal informativo é moi amplo), a non comunicación directa coas fontes e  a información que ofrece internet non sempre se quere que sexa destapada, nalgúns asuntos sí, e noutros non.

Nun primeiro momento no ámbito do ciberxornalismo xurdiron os “Daily me”, que eran periódicos á carta para usuarios concretos, que tiñan a intención de provocar unha revolución no mundo xornalístico, pero finalmente non o conseguiron.

jueves, 4 de octubre de 2012

POLÍTICA ESPAÑOLA, ANTECEDENTES Y FUTURO DEL PAÍS (comentario artículo "EL PAÍS")

España se encuentra envuelta en una época turbia, llena de conflictos políticos y revueltas sociales. Como bien expresa el señor César Molina, para intentar aclarar tal situación como la que estamos viviendo, es necesario plantearse interrogantes: ¿cómo ningún partido ha elaborado un diagnóstico coherente para la crisis actual? ¿cómo es posible que la clase política española no sea capaz de planificar? Todo esto, en parte se explica remontándose a los orígenes de la clase política española.
 Ese gobierno integrado por listas cerradas dentro de los distintos partidos, ese gobierno en el cual estaba presente una patente descentralización estatal liderada por élites locales, que dio lugar a un gran crecimiento de los organismos públicos; ese gobierno que no estaba dirigido por los partidos políticos principales y mayoritarios, lo que derivó en la aprobación de las leyes de Cajas de cada Comunidad Autónoma y la ocupación de los principales cargos por sindicalistas, políticos...ese gobierno demasiado ambicioso que quiso controlar el CGPJ o el TC y obtuvo como resultado un gran paso atrás en el sistema político con la independencia de los citados organismos.
 Avanzando hacia la actualidad, es patente que la situación del país no ha evolucionado demasiado en lo que al ámbito político concierne, un ejemplo de ello se encuentra en la actual burbuja inmobiliaria española, integrada por infinidad de nuevas construcciones que , en ocasiones, terminan convirtiéndose en "urbanizaciones fantasma", porque las viviendas nunca se ocupan y aumenta la transmisión del poder de las Cajas de Ahorro a las CC.AA.
 Es destacable también el hecho de que la clase política española se ha convertido en una élite extractiva que cuenta con un mecanismo de captura de rentas y un escaso interés por materias como la educación y la investigación científica, ya que se han realizado multitud de recortes y las preocupaciones en estas materias están centradas en detalles esencialmente banales. La crisis que afecta a España y se extiende a nivel mundial, ha provocado una profunda brecha entre la política del país y el interés general del mismo. El conflicto existente está distante aún de solución,sea beneficiosa o no para todos, pero se podría avanzar hacia una situación mejor convirtiendo a España en una potencia más competitiva, haciendo recortes en materias en las que sea realmente una necesidad, y no realizar dichas maniobras guiándose por intereses políticos y fomentando el diálogo entre el gobierno y el pueblo para evitar altercados como el del pasado 25s
Las revueltas que se produjeron en Madrid no son tolerables ni ayudan a promocionar la marca España fuera de nuestras fronteras. Por último, un aspecto a mejorar también es el del actual sistema de voto, ya que el mecanismo imperante a día de hoy es aquel en el cual los dirigentes de los partidos tienen el poder, lo que deriva en una clase política disfuncional. Lo que necesita España es un sistema más equitativo, donde no exista una clase política transformada, la cual tenga una mejor comunicación con la ciudadanía y tome medidas que fomenten el progreso del país hacia un futuro esperanzador, en el cual los ciudadanos puedan confiar ciegamente y sobre el que construyan los cimientos de una vida mejor.