viernes, 7 de diciembre de 2012

25-S


O 25 de setembro de 2012 houbo unha numerosa reunión de cidadáns ao redor do Congreso dos diputados en Madrid, debido á mala situación económica e política na que se encontra España.
A mobilización bautizada co nome de "25s, ocupa o Congreso", e dito chamamento propragouse con moita rapidez entre a cidadanía a través das diversas plataformas sociais.

O papel da policía e dos antidisturbios consistía en procurar que o movementocidadán transcurrise de maneira pacífica e sen altercados, peor non foi posible, xa que se produciron numerosos enfrontamentos entre as forzas do orde e os manifestantes, os cales saldáronse cun balance de 35 persoas detidas e 64 feridas.

Dentro da revolta, o papel dos manifestantes tamén foi importante, por exemplo, foi chamativo o feito de que houbera persoas de todas as idades: xóvenes, adultos, maiores...
Houbo dúas marchas, a primeira comezou as 17.30 horas desde o Paseo do Prado e a Plaza de España, que recorreu uns metros ata a plaza de Neptuno. A segunda marcha tiña como destino a Porta do Sol, e unha vez que chegaron alí intentaron pasar pola Carrera de San Jerónimo, o que foi impedido polos numerosos furgóns policiais que escoltaban a marcha, polo tanto, os manifestantes pasaron pola rúa Alcalá e Cibeles, ata chegar a Neptuno.

Os participantes no rodeo ao Congreso portaban bandeiras de diferentes Comunidades Autónomas, bandeiras republicanas e pancartas con lemas, como por exemplo: "este goberno non nos representa".
A marcha permanecía sen altercados ata que aproximadamente as 19.00 horas, un pequeno grupo intentou romper o perímetro de vallas que rodeaba o Congreso. Nese momento houbo unha primeira carga policial contra a cidadanía, seguida doutra máis contundente. Pola noite, outro grupo de individuos arremeteu físicamente contra as forzas e corpos do Estado, o que derivou no desaloxo dos numerosos individuos congregados no lugar, e como os cidadáns responderon cunha negativa, os antidisturbios responderon con porrazos e lanzando pelotas de goma.

Algúns membros da policía chegaron ata a explanada do famoso Museo do Prado ou a mítica estación de Atocha, seguindo aos numerosos manifestantes ( ó redor de 6.000 según a Delegación do Goberno e en torno a 10.000 según os organizadores).

O pleno do Congreso o 25 s transcurriu con normalidade na Cámara Baixa, xa que a revolta non impediu o acceso dos diputados ao hemiciclo. A clase política xogou o seu papel con normalidade, asistindo ao pleno, e moitos deputados condenaban os enfrontamentos e defendían na súa opinión, " a boa actuación policial", un exemplo disto, é que María Dolores de Cospedal por exemplo, equiparou o 25-S co 23-F cando tivo lugar o golpe de Estado de Fernando Tejero; remarcando por riba de todo que a moblilización foi un ataque contra a democracia, e se non fora polo bo papel dos corpos policiais, os manifestantes houberan accedido ao interior do Congreso.

As noticias sobre o 25-S estaban presentes en todo tipo de medios e soportes. Na radio, na televisión,na prensa dixital, na prensa escrita...En internet, as noticias sobre o rodeo ao Congreso corrían como a pólvora a través da plataforma social "twitter" e xornais como "La Voz de Galicia", "El País", "ABC", "El Mundo"...no seu marco dixital non cesaban de difundir noticias e notas de prensa sobre o que sucedía a cada instante na capital de España.

A información recibida, a título persoal é de dicir que foi abundante e enriquecedora, xa que a través dos distintos medios ao meu alcance, puiden informarme da situación na que estaban os manifestantes e o conflicto en xeral.

Como detalle a destacar, algo do que careceu a información recibida foi de cifras precisas sobre o número de manifestantes, número de feridos, de persoas detidas pola policía...había moita controversia en canto a dar datos numéricos, xa que cada medio publicou as súas propias aproximacións.

Como lectura de todo o ocurrido, se pode chegar a conclusión de que a sociedade necesita un gran cambio, necesita que exista un certo equilibrio e adecuación entre as medidas tomadas polo goberno sobre os cidadáns e as necesidades da poboación, xa que mentres non exista un certo acordo entre as dúas partes, a situación da sociedade actual seguirá empeorando ata chegar a puntos insospeitados, porque a desesperación e a necesidade de renovación por parte da cidadanía se fará patente e necesitarán con urxencia melloras para poder continuar coa súa vida e mantendo aos seus.

 Outras preguntas que os individuos poderían facerse a partir deste suceso serían, pòr exemplo : ¿Que se debe mellorar? ¿Cal é o cambio que a sociedade necesita? ¿As medidas políticas son correctas? ¿ Cómo evolucionará esta situación de crise económica, política e social?

No hay comentarios:

Publicar un comentario