En todo traballo de investigación informativa deben seguirse unha serie de pautas.
Como primeiro paso, deben establecerse unha serie de obxectivos. Como elemento principal está presente o obxectivo xeral, que é o resultado que se quere lograr co estudio. Adherido a el, están presnetes os obxectivos específicos, que delimitan as dimensións do traballo investigador, usando formas verbais tales como expresar, definir, xulgar, opinar...
A partir dos obxectivos elabóranse as preguntas, que deben ser moi concretas.
Toda investigación precisa, á súa vez, unha xustificación que explique a razón da súa realización. Os criterios para evaluala son:
-conveniencia
-relación social
-implicaciones prácticas
-valor teórico
-utilidad meteorolóxica
Para continuar con traballo, hai que formular un problema, que debe ser necesitado de solución, é dicir, debe posuír unha serie de elementos e de obxectivos.
En canto ao marco teórico da investigación, necesítase que a información elaborada e redactada cumpra os seguintes requisitos: saber qué tipo de investigación se fixo, que se descubriu, que suxerencias para futuros traballos se fixeron nos estudios, que falta por investigar, que métodos se aplicaron en estudios previos...entre outros.
Se debe tamén consultar a bibliografía, para recopilar información relevante, así tamén como bases de datos, revistas científicas...
Dentro da elaboración do traballo, é conveniente levar a cabo unha formulación de hipóteses, é dicir, proposicións tentativas acerca das relacións entre dous ou máis variables que se apoian en coñecementos organizados e sistemáticos.
O marco metodolóxico é algo fundamental tamén, xa que comprende fontes e técnicas para captar a información requerida, tratamento e presentación da información. Nel se inclúen a adaptación da técnica co metodo e realízase un análise xeral da información.
A parte disto, existen unha serie de teorías e métodos que se utilizan en materia de investigación, que son:
Teorías: metodoloxía positivista, interpretativa e crítica.
Métodos: cuantitativo, cualitativo, histórico, comparativo e racional.
Para rematar o traballo, se deben facer unhas conclusións, unha bibliografía, un apéndice e uns anexos.
Un traballo a nivel académico non precida de tanto detalle nin elaboración, e poderíase resumir en: Introducción, obxectivos, hipóteses, metodoloxía, desenvolvemento do estudio, conclusións, bibliografía e fontes documentais.
Se cada individuo que quera realizar un traballo de investigación destas características segue estas pautas, non se lle presentará ningún problema, o importante é seguir todos os pasos e conseguir fontes fiables que aporten información contrastada e veraz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario