viernes, 7 de diciembre de 2012

OTLET E A DOCUMENTACIÓN (prefiguracións da sociedade de redes)



Paul Otlet e Henri La Fontaine fundaron en Bruselas en 1895 o Instituto Nacional de Bibliografía,  debido a que querían construír o Libro Universal do Saber.

Naquel tempo, a iniciativa tomada por estes dous intelectuais foi tomada como algo visionario. Para a ciencia da organización documental, as publicacións científicas perderon a súa importancia sendo clasificadas como "simples elementos dunha enciclopedia documental que abarca o Universo por enteiro"(MATTELART, Armand "Historia de la sociedad de la información").

Anos máis tarde, Otlet adopta o uso da ficha normalizada (12.5 x 7.5 cm). Nese momento histórico, é cando se crea o Instituto da Información, que contaba cun repertorio bibliográfico universal, un catálogo central de bibliotecas, archivos documentais internacionais e un Museo Internacional de métodos documentais.

Outra gran iniciativa naceu durante esta época. Créase en 1910 a Oficina Central da Unión de Asociacións Internacionais, coa finalidade principal de reunir a todas as institucións, congresos, federacións...e garantizar a cooperación dos esforzos para establecer a reunión de todos os sistemas particulares e unidades nun sistema xeral ( Otlet e La Fontaine, 1912).

Á súa vez, Otlet fai seu o termo de "mundialismo" en referencia expresa á red universal de pensamento técnico e social que se quere crear.
En referencia ao xa citado "mundialismo", Otlet contou coa contribución de Gabriel Tarde, o home que lle prestou axuda e colaboración para o seu proxecto de red universal e ambos defendían tamén o feito de que no século XIX se creou " a opinión de dimensión planetaria" e se fai do cerebro "o gen da sociedade moderna".

Nos seus últimos anos de vida, Otlet, en referencia ás redes documentais informativas, a transmisión de información, o mundialismo....anticipa a brillante idea de "rede de redes", referíndose a unha posible creación dunha rede universal que enlace centros productores, distribuidores, de ususarios...ou calquera que sexa a súa tipoloxía.

Toda esta información sobre os inicios da documentación informativa e a súa evolución ao longo dos anos, serve para que a xente de hoxe poida ter unha referencia de como foi creado o mundo da información e os mecanismos de transmisión, é dicir, que non se crearon da nada, senón que todo leva implícito un proceso longo e laborioso, co xurdimento de diferentes institución e as aportacións de diversos intelectuais especializados en materia documental.

O mundo da documentación informativa seguiu avanzando desde a Antiguidade ata os nosos días, coa creación de novas ferramentas e o xurdimento de novas iniciativas, e así continuará ao longo do tempo, xa que a sociedade actual é coñecida como a Sociedade da Información.

http://www.youtube.com/watch?v=_Y9k0T9Zqfg (Vídeo sobre a profetización de internet en 1932 por Paul Otlet)

No hay comentarios:

Publicar un comentario